Portugal como motivo temático e poético na literatura galega contemporánea Capítulo de livro uri icon

resumo

  • A relación lingüístico-literaria de Portugal e Galicia na época medieval forma parte dunha extensa historia crítica galega e portuguesa desde o século XIX, cando Carolina Michäelis de Vasconcelos, Teófilo Braga, Manuel Murgía, Noriega Varela e outros recoñecen a débeda contraída desde as primeiras manifestacións líricas. No entanto, a presenza de Portugal e os portugueses nos núcleos temáticos e poéticos da literatura actual é máis escaso, máis anecdótico, de tipo ideolóxico en moitos aspectos, ou mesmo antropolóxico, pero non fornece unha liña estable e forte na temática galega. Porén, pódese afirmar que, nos séculos XX e XXI, a idea de Portugal como un topos atraente, literariamente interesante, xorde con máis forza, vencellado á identidade nacional e as arelas políticas. Por iso, novelas ou relatos da actualidade, alén de incursións poéticas, presentan unha imaxe idealizada de Portugal, positiva. Farei unha pesquisa neses autores e nesas obras para comprobar a vixencia da relación secular literaria entre Portugal e Galicia, salientando os motivos da discontinuidade e escaseza de obras no devir histórico e a imaxe creada actualmente en Galicia de Portugal como motivo poético.

data de publicação

  • 2012